Monday 06 de May de 2024

Axenda do 21 ao 24 de xullo de 2022


Xoves 21 de xullo de 2022

Actividade: “Cine de Verán”
Hora: 22.30
Lugar: Inmediacións do Centro Cívico Social do Val

O Padroado da Cultura de Narón organiza este ciclo coa Deputación da Coruña. Nesta xornada proxectarase a película “Goomer”. A entrada é de balde.

Venres 22 de xullo de 2022

Actividade: “Impact Weekend Narón”
Hora: A partir das 16.30 horas
Lugar: Pavillón Campo da Serra

Unhas 250 persoas da comarca e doutras comunidades participarán neste evento organizado polo Concello coa Asociación Cultural Impact e a Asociación Mesa Cuadrada. Ao longo da tarde desenvolveranse varios torneos –Legacy e Modern- e obradoiros de Hama Beads.

Actividade: “Cine de Verán”
Hora: 22.30
Lugar: Inmediacións do Centro Cívico Social de Sedes

O Padroado da Cultura de Narón organiza este ciclo coa Deputación da Coruña. Nesta xornada proxectarase a película “O Mago Dubidoso”. A entrada é de balde.

Sábado 23 de xullo de 2022

Actividade: “Impact Weekend Narón”
Hora: Dende as 10.00 e ao longo de todo o día
Lugar: Pavillón Campo da Serra

Ao longo do día desenvolveranse varias propostas incluídas no programa do evento, como o Torneo Impact Returns Legacy, obradoiros de Hama Beads, o Torneo Blood Bowl… e haberá unha exposición de Retrogalaicos, con elementos de ocio electrónico retro.

Domingo 24 de xullo de 2022

Actividade: “Impact Weekend Narón”
Hora: Dende as 10.00 e ao longo de todo o día
Lugar: Pavillón Campo da Serra

Ao longo do día desenvolveranse varias propostas incluídas no programa do evento, como o Torneo Impact Returns Modern, obradoiros de Hama Beads, partidas de exhibición de Star Wars… e haberá unha exposición de Retrogalaicos, con elementos de ocio electrónico retro.

Actividade: “Verde que te quero verde”
Hora: 12.30
Lugar: Rúa Mariña Española

A programación deseñada para o “Verde que te quero verde” dende o Padroado da Cultura remata este domingo, xornada na que se poderán ver as actuacións de Xoubas e Pablo Díaz. A entrada é de balde.